Visita ao centro de Amicos

Onte, día 17, achegueime ata o centro que ten a asociación Amicos en Oleiros, xunto coa deputada provincial, Rosana Pérez, e o concelleiro, Xosé Luís Groveiro. Esta asociación iniciou a súa andina no ano 2000 e fomenta a integración de persoas con discapacidades psíquicas.

Visitamos as novas instalacións coas que conta o centro, nas que se atende a un importante número de persoas. Para a súa posta en marcha a asociación Amicos contou coa colaboración da Deputación, dende a área de Servizos Sociais xestionada polo BNG, e de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que fixeron importantes aportaciónse, así como doutras entidades.

A presidenta de Amicos, Esther Vidal, amosounos o programa Biocentro, por medio do cal se están reconstruindo dous invernadoiros, destrozados por un temporal o pasado inverno, nos que traballan 16 persoas do centro cultivando verduras e legumbres para o autoconsumo de xeito ecolóxico. Tamén teñen previsto adicar unha parte destas instalacións á produción de plantas de xardín. Para esta importante infraestructura teñen solicitada unha subvención de 18.000 € á Deputación da Coruña. A deputada do BNG comprometeuse a facer todo o posible para que lle fose concedida esta cuantía.

Nova na Voz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *