Actuación integral no lugar da Graña

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Anxeles Glez. Cruxeiras, ven de solicitar que o Goberno Municipal realice de maneira urxente no lugar da Graña unha actuación integral que supoña:

• A dotación de saneamento a todo o lugar.
• O remate das beirarrúas.
• A colocación dos contedores de lixo necesarios.

O lugar da Graña, da parroquia de Carreira, conta cun número moi importante de veciños/as, preto de 200; inserto no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, logo de máis de 20 anos de goberno do PP e máis de 10 anos de declaración do Parque, aínda non se deu solución ó problema da carencia de saneamento. Todo o lugar a estas alturas verte directamente ó Parque Natural.

Os/as veciños/as pasaron polo concello en infinidade de ocasións demandando este servicio; eles/as ademais de prexudicados/as pola Declaración de Parque considéranse abandonado/as por parte deste Goberno Municipal.

Dende o Grupo municipal do BNG consideramos o saneamento integral do concello algo prioritario e non ten para nós cabida que lugares, como a Graña, que verten directamente á zona medioambiental máis protexida coa que conta a Península da Barbanza, por non dicir a provincia da Coruña, se atopen aínda sen sanear.

Máis información:
2007-09-13saneamentodagrana.doc

Nova na Voz:
O BNG ribeirense reclama a dotación de saneamento integral para o lugar da Graña

One Comment on “Actuación integral no lugar da Graña”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *