Accidentes no Parque de inchables “Riveiralandia”

O BNG de Ribeira demanda do Grupo de Goberno, que se investiguen as causas dos accidentes ocorridos no Parque de inchables “Riveiralandia” e se depuren as pertinentes responsabilidades.
Tamén solicita que se adopten as medidas oportunas para que sucesos deste tipo por volvan a acontecer

O pasado venres, día 3 de agosto, con motivo das Festas de Ribeira instalouse na Praza da Concordia o Parque de inchables “Riveiralancia” a partir das 12:00 horas. O que en principio parecía que ía a ser unha xornada agradable para os nosos nenos e nenas converteuse en “accidendata” para varios deles/as.

Xa a primeira hora resultaron lesionados varios/as rapaces/as con rabuñaduras en distintas partes do corpo a causa de que, polo menos, un dos inchables non estaba en perfectas condicións. Desinflouse durante un rato, pero ao pouco tempo volvérono a poñer en funcionamento, alegando que xa estaba arranxado. Pouco despois produciuse o accidente máis grave da xornada resultando lesionada en ámbolos dous brazos unha nena que xogaba no mesmo inchable, ao caer de varios metros de altura. Ao parecer, a causa de todos estes accidentes é o deteriorado estado dalgún dos elementos do devandito xogo.

Consideramos que un goberno responsábel debería facer un control máis exhaustivo das instalación provisionais dirixidas ao público en xeral e máis, se cabe, nas dirixidas ao infantil e xuvenil en particular que se colocan non noso Concello.

Máis información:
2007-09-14-inchables-das-festas-de-ribeira.doc

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *