Reunión de Voceiras coa Asociación Sagres

Onte, día 10 de setembro, asistín a unha reunión convocada pola Asociación Sagres, xunto co resto das voceiras municipais e a que non asistiu o voceiro do PSOE. Na xuntanza, os/as representantes da asociación fixéronnos entrega das alegacións que como asociación presentaron ao anteproxecto da EDAR e ao Plan Galego de Acuicultura. Durante unhas dúas horas debateuse amplamente sobre estes dous temas.

Entre outras moitas cousas manifestaron o seu interese, co que concordamos, en asistir á reunión que neste mes se comprometeu a manter o Conselleiro de Medio Ambiente cos/as Voceiros/as municipais e o Alcalde e poder así informarlle de primeira man das súas demandas.

Pola nosa parte, manifestámoslle que cumprimos todos os nosos compromisos acadados na anterior reunión de voceiros/as: presentamos moción ante a Corporación Municipal que se aprobou por unanimidade no Pleno de ordinario de Xullo e presentamos unha iniciativa no Parlamento Galego, recollendo as aportacións da Asociación.

Por último, comprometémonos a facerlle chegar ao Conselleiro as súas demandas, no caso de que non se lle permita asistir á reunión a un representante da Asociación Sagres.

Nota de prensa da Asociación Sagres:
reunionvoceirs10setembro.doc

Nova na Voz:
Sagres avoga por cambiar os plans da depuradora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *