Aguiño continua o seu calendario de mobilizacións

A Comisión Veciñal de Aguiño manifestouse satisfeita polo acordo unánime acadado pola Corporación Municipal o pasado luns ante a iniciativa do BNG a respecto da EDAR de Ribeira. Aínda así, decidiu continuar co seu calendario de mobilizacións ata que a Consellería de Medio Ambiente se pronuncie a este respecto.

Por esta razón, onte concentráronse diante do Concello máis dun cento de persoas e continuaron a entrega de sinaturas comezada o pasado luns. En total presentáronse unhas mil cincocentas, aproximadamente. Varios representantes do BNG estivemos alí apoiando as súas reivindicacións.

Nova na Voz:
Vecinos de Aguiño mobilízanse contra o plan de depuración

Nova no Diario de Arousa:
Veciños de Aguiño solicitan con 1.500 sinaturas que se alonxe a EDAR e se estudie o seu impacto ambiental

2 Comments on “Aguiño continua o seu calendario de mobilizacións”

  1. De parte dun veçiño dAghiño na emighraçòn, querovos dar as ghraças a tòdolos representantes polìticos por axudarnos a protexerlo noso pobo. Desearìa tamèn que se cheghades a ghobernar no Conçello, seguìsedes defendendo os intereses das parroquias que o forman. Por outro lado, a ver se alghuèn me pode dar un telèfono ou un endereço virtual da plataforma aghuiñense que está traballando no asunto. No meu myspace hai un vídeo da zona de Pinisqueira e Çeleiràns (tamèn o poderedes atopar en youtube “depuradora de Aguiño”). Un saudo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *