Aprobada por unanimidade a nosa moción sobre a EDAR

comisionaguino.jpg

Onte, día 30 de xullo, a Corporación Municipal de Ribeira aprobou por unanimidade a moción do BNG relativa á EDAR de Ribeira. Esta iniciativa, que recolle as demandas veciñais, comprometémonos a presentala o pasado xoves, día 19 de xullo, na xuntanza organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, na que participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE.

O acordo adoptado por unanimidade foi o seguinte:

1. Que o proxecto da EDAR de Ribeira se someta aos trámites de Avaliación de Impacto Ambiental e de Avaliación Estratéxica da Sostibilidade.

2. Que a Xunta de Galicia dote dunha depuradora específica ao polígono industrial de Xarás.

3. Que, en todo caso, o emisario se prolongue ata augas profundas, augas oceánicas, e fóra da enseada en augas con correntes oceánicas, onde se asegure o mínimo impacto e unha rápida dilución e difusión no medio receptor.

4. Que o incremento na intensidade de uso do espazo destinado á planta depuradora vaia acompañado das preceptivas medidas compensatorias.

Pola mañán a Comisión Veciñal presentou un importante número de sinaturas de apoio a iniciativa presentada polo BNG.

Novas relacionadas na Voz:

A plataforma de Aguiño presenta sinaturas contra o proxecto da depuradora

O Concello reclamará á Xunta unha planta de tratamento para o polígono industrial de Xarás

A corporación pretende que se rexeneren catro praias

One Comment on “Aprobada por unanimidade a nosa moción sobre a EDAR”

  1. Ben meus queridos conveciños, haber si na seguinte manifestación en contra da EDAR somos mais e mais ruidosos, non baixar a guardia os que estades o frente desto e ainda que haxa por aí algunha voz en discordia ánimo e para diante. ¡ah! estos dias tamen no rio listres a partir das 5 ou 6 da tarde habia un cheiro de carajo, non sei si era a depuradora que funcionaba mal ou algún desaprensivo fixo algún verquido. Bueno saudiños a todos e o que dixen moito ánimo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *