Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo

praia-de-serans.JPG

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo criticou a actitude da Xunta de Galicia de non poñer en marcha un plan de ordenación do parque natural, que considera necesario para coñecer os usos que poden darlle aos diferentes espazos incluídos neste e aos que forman parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC).

Engaden que, facendo caso omiso ás súas demandas, Pesca presentou un plan sectorial de acuicultura no que se inclúen a construción dunha piscifactoría, e a ampliación doutras dúas xa existentes entre os lugares de Couso e Seráns.

Nova na Voz:
Veciños de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar

3 reflexións sobre “Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo

  1. neto da morena

    Dende Corrubedo damos as grazas a Dominga Brión por estar canda a xente nesta barbarie. Só co apoio da nosa xente podemos parar as ansiais expansionistas das multinacionais ás que queren agasallar cun país enteiro. É por isto que a loita debería ser tamén abandeirada polos grupos políticos de Ribeira, coma neste caso. CORRUBEDO, TERRA LIBERADA

    Responder
  2. Juan Carlos

    Esta e a páxina web do BNG de Ribeira, ¿non?. Logo si opinades así, e sodes socios do goberno da Xunta, ¿a qué esperades para impedir que se cometa tal barvaridade?

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *