Nova vertedura na Ría da Arousa a carón da decantadora do Touro

vertido-020707-002.jpg
mortandade-touro-sub-030707-020.jpg mortandade-touro-sub-030707-016.jpg mortandade-touro-sub-030707-014.jpg

 

mortandade-touro-sub-030707-012.jpg mortandade-touro-sub-030707-011.jpg mortandade-touro-sub-030707-001.jpg

 

Lamentablemente, os verquidos no peirao de Ribeira e na Ría da Arousa son unha penosa constante que dende o BNG vinos denunciando sistematicamente tanto no Concello como ante o Parlamento do Estado, sen que ata o momento se adoptaran as medidas necesarias para erradicalos. A orixe dos verquidos é diversa: unhas veces proceden da limpeza de sentinas de barcos, outras do saneamento, da propia decantadora do Touro ou de verquidos ilegais a ríos e regatos.

A pasada semana a Confraría de Pescadores de Ribeira denunciou a gran mortaldade de bivalvos na zona de Touro, próxima á saída da tubeira ou emisario submarino procedente da decantadora do Touro.

Feita unha mostraxe exhaustiva para coñecer o estado do fondo, por parte dos técnicos da confraría, atopáronse zonas con maior mortaldade cunha irisación de cor azulada ou gris. A extensión afectada pode ser duns 500 m2, na que morreron aproximadamente 1.000 Kg. de bivalvos: ameixa babosa e rubia, reló, zamburiña e vieira; tamén se atoparon cangrexos, estrelas, ourizos e incluso chocos. Todo apunta a que este estrago, que afectou a todos os seres vivos da zona, puido ser causado por un verquido que tiña algún composto químico.

O Grupo Municipal do BNG ven de presentar unha iniciativa pola que

SOLICITA:

1. Que, por parte do Goberno Municipal, se exerza un maior control e se adopten as medidas oportunas para erradicar os verquidos ilegais procedentes do saneamento e da decantadora do Touro.

2. Que se realicen as pertinentes investigacións para que este tipo de actuacións, claramente prohibidas, non queden impunes, demandando dos responsábeis danos e prexuízos, se procede.

 

Quen contamina paga, por José Manuel Pena

4 reflexións sobre “Nova vertedura na Ría da Arousa a carón da decantadora do Touro

  1. Pingback: Iniciativas do BNG ao Pleno ordinario de outubro | BNG de Ribeira

  2. Pingback: Iniciativas do BNG ao Pleno ordinario de Xaneiro | BNG de Ribeira

  3. Pingback: O BNG esixe a comparecencia do alcalde de Ribeira pola sanción de 203.000€ imposta ao concello | BNG Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *