EDAR Ribeira: a Comisión Veciñal de Aguiño bota a andar

A Comisión Veciñal de Aguiño bota a andar co seguinte manifesto:

“Reunida a comisión de veciños de Aguiño, afectados pola Depuradora o venres día 6 de xullo no lugar de Couso para tratar as alegacións presentadas diante de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible contra o anteproxecto da Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) de Ribeira,

MANIFESTAMOS:

1. Que estamos realmente preocupados polo medioambiente, polo noso entorno, os recursos mariños que nos dan de comer e polo futuro dos nosos fillos.

2. A nosa total oposición a ubicación da macrodepuradora colectiva de augas residuais e industriais do Concello de Ribeira na praia de Pinisqueira, nin en ningún outro lugar da zona de Couso.

3. Que a zona de Couso e unha zona de excepcional valor natural xa moi maltratada dende hai anos, situada a 100 m do “Parque Natural das Illas Atlánticas” e a 1 km do “Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán” calificado de especial interese paisaxístico, area de protección integral arqueolóxica, zona de esparcimento do concello, ao lado da “Praia do Vilar” e da “Praia da Cobasa”, e o lado do “Porto Fenicio”, que debe ser coidada e preservada.”

Nova na Voz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *