Piscifactoría no Corgo

Piscifactoría do Corgo

PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA

Declaración do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira no referente á localización dun Parque de Tecnoloxía Alimentaria na zona do Corgo (Lugar de Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira), que leva como nome no novo Plan Galego de Acuicultura da Consellería de Pesca o de PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA, parque número 9.

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira oponse á construción dun Parque Acuícola na Punta da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, en Teira, parroquia de Corrubedo. Dito emprazamento está previsto co nome de parque número 9 no Plan de acuicultura de Galicia que vén de presentar a Consellería de Pesca da Xunta.

Para o BNG é primordial conservar intacto como está o litoral da antedita parroquia, pois é o único virxe do Concello de Ribeira. A franxa litoral do Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura planta acuícola linde coa zona e realice vertidos no mar, co perigo que isto suporá para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os areias de Corrubedo (Balieiros e As Barreiras) e Espiñeirido.

Ademais, a desproporcionada reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados) é inadmisíbel, pois obriga á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona, feito que se debería primar e non castigar.

Asemade, o BNG de Ribeira considera que os orzamentos e inversións públicas neste tipo de macroconstrucións novas, para nada se corresponden cos beneficios que reverten nos veciños e veciñas e moito menos cos empregos que sempre din prometer pero que despois non se cumpren. Pola contra, é o desenvolvemento sustentábel orientado aos valores naturais dos que dispón a parroquia de Corrubedo o camiño que se debe seguir, e non a industrialización indiscriminada das costas de sempre coidadas e mantidas inmaculadas polos veciños e veciñas.

Máis información:

declaracion_corgo_bng.doc
Plan Galego de Acuicultura

Nova na Voz: O BNG loitará por manter virxe a zona corrubedana do Corgo
Nova en Galicia Hoxe
Nova en Galicia Hoxe
Nova en Vieiros
Corrubedo: conserva e serás castigado por Manuel Santos

2 reflexións sobre “Piscifactoría no Corgo

  1. Pingback: POLA NOSA COSTA, POLO NOSO MAR | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *