O Galego, 1ª lingua do Estado con corrector gramatical

A Consellería de Innovación e Industria presenta o corrector gramatical Golfiño, que detecta erros de sintaxe, estilo e concordancia.

O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, veñen de presentar o corrector gramatical para o galego Golfiño. Deste xeito, o galego convértese na primeira lingua do estado que conta con esta ferramenta. Ademais, só seis linguas no mundo dispoñen dun software destas características. O Golfiño completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org.

Máis información…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *