Alegación do BNG á EDAR de Ribeira

Antes da rolda de prensa

Nova na Voz:
O Bloque pide un estudo de impacto ambiental da depuradora de Aguiño
A formación di perseguir o mellor sistema de tratamento
A Xunta variará a localización da planta de Aguiño se iso non afecta ao proxecto
Os veciños reuniranse o fin de semana para decidir se se mobilizan
Nova no Diario de Arousa

O saneamento integral de todo o Concello é unha vella reivindicación do BNG. Somos concientes da necesidade de dotarnos do mellor sistema de tratamento das augas residuais para o desenvolvemento sutentábel de Ribeira, preservando así a riqueza pesqueira e marisqueira da Ría da Arousa e da nosa costa así como o privilexiado entorno natural co que contamos: Parque Nacional da Illas Atlanticas, Parque Natural e outros espazos de especial protección.

Parecenos, pois, que dadas as especiais características do entorno e tamén as da depuradora que se pretende ubicar en Pinisqueira (Aguiño), con unha previsión a 25 anos para 80.000 habitantes equivalentes e que suporá un investimento na súa construción de 23 millóns de €, é fundamental que o anteproxecto sexa sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

Tamén consideramos prioritario que o Polígono de Xarás conte con unha depuración específica e completa, pois trátase dunha carga contaminante moi específica que é máis doado de tratar illadamente. O seu traslado á EDAR de Aguiño engade enormes custos e problemas aos bombeos e á mesma depuración. Polo tanto, seguindo o principio de “quen contamina paga”, non parece de recibo que sexa a cidadanía a que financie os custes de depuración dunha contaminación procedente da actividade empresarial. Hai que ter en conta que a carga contaminante procedente deste polígono supón practicamente o 50% das augas residuais que está previsto tratar na EDAR de Ribeira.

Atendendo a este argumentos

SOLICITAMOS:

1. Que antes de calquera adxudicación do contrato de construción e explotación da EDAR se proceda a elaboración do correspondente Estudo de Impacto Ambiental e que, xunto co anteproxecto, se someta ao trámite de avaliación de Impacto Ambiental.

2. Que, no dito Estudo de Impacto, se estuden, tal como esixe a lexislación de impacto ambiental vixente, as distintas alternativas posibles, e expresamente a de apostar non por unha depuración especifica para o polígono industrial de Xarás e por depuradoras máis pequenas para cada núcleo de poboación.

3. Que, no caso de non ser viables outras alternativas, a EDAR que está previsto instalar en Pinisqueira sexa trasladada a unha nova ubicación, o máis lonxe posible das vivendas co obxectivo de evitar posibles molestias á cidadanía. Ademáis:

a. Que na Ameixida a ubicación do bombeo prevista nesta zona se separe o máximo das casas, incorporándoo na explanada portuaria.

b. Que en Castiñeiras o bombeo que está previsto no paseo marítimo se ubique na explanada portuaria.

c. Que en Listres o bombeo e tanque de tormentas respecte o entorno e se dote o lugar de zonas verdes e instalacións deportivas.

ALEGACIÓNS:

Alegación diante da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Meio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:

alegacions-edar-bng-dx.pdf

Alegación diante de Augas de Galiza:

alegacions-edar-bng-agaliza.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *