Poñendo en valor o noso potencial turístico

A ferbenza de Oleiros chamou a atención de Fernando BlancoA ferbenza de Oleiros chamou a atención de Fernando BlancoPlantando un rododendro

Que Ribeira e a Barbanza teñen moitas potencialidades sen desenvolver en materia de turismo, non é ningunha novidade para o Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco. Hoxe, coincidindo co comezo da tempada alta o Conselleiro achegouse ata Ribeira para poñer en valor todo ese potencial turístico co que contamos.

Nova en Canal Rías Baixas
Nova no Correo Galego
Nova no Diario de Arousa
Nova na Voz de Galicia

NOVA LEI DE TURISMO DE GALIZA

O turismo é unha actividade transversal que engloba diferentes sectores e profesións, en constante adaptación a unha realidade social cambiante e suxeita a unha forte competencia. Por iso unha lei que pretenda regular o turismo en Galicia debe ter en conta non só o propio potencial económico do mesmo na nosa Comunidade Autónoma, senón tamén os condicionantes que veñen de fóra, tanto pola competencia internacional como pola propia regulación da Unión Europea.

Uns simples datos poden dar unha idea cabal da súa importancia na economía galega. Cunha produción superior aos cinco mil millóns de euros o turismo representa preto do 12% do PIB galego, participación que aumenta no que se refire ao emprego, pois máis do 13% dos traballadores galegos traballan nos diversos sectores produtivos englobados baixo a denominación xenérica de turismo. Estes valores son moi similares aos que presenta o sector turístico noutros ámbitos territoriais máis amplos como poden ser España ou a Unión Europea, non sendo os problemas tampouco moi diferentes, consecuencia da progresiva globalización do sector.

De aí que os principais obxectivos desta nova lei coincidan plenamente cos establecidos na Comunicación da Comisión Europea de 17 de marzo de 2006, na que se recoñece, acorde coa renovada Estratexia de Lisboa do ano 2005, o potencial do turismo para xerar emprego e crecemento económico, o seu papel na preservación do patrimonio cultural e natural, así como a súa contribución ao diálogo intercultural e ao fortalecemento da propia identidade, aspectos todos eles tratados nesta lei. Conseguir eses obxectivos esixirá de toda a sociedade galega a plena conciencia de que o futuro do sector pasa por alcanzar un modelo de turismo sustentable, que, de acordo co aprobado polo Parlamento Europeo no ano 2005, comprende cando menos a garantía da súa viabilidade económica, un emprego de calidade, a implicación das comunidades locais, preservar a riqueza cultural e a diversidade biolóxica e asegurar a eficiencia no uso dos recursos, valores todos eles defendidos na nova lei.

Máis información:

Resumo da Lei de Turismo de Galiza:

borradorleideturismodegaliza.pdf

Anteproxecto da nova Lei de Turismo de Galiza:

1480-a-anteproxectoleiturismogalizaret120607.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *