Alcaldesas e alcaldes do BNG

Alcaldesas do BNG: as 5 primeiras.

Teresa Soqui Sandra Manola Clara

O sábado, 16 de maio, tomaron posesión 29 alcaldesas e alcaldes nacionalistas e todo apunta a que após os contenciosos se sumarán as alcaldías de Castrelo de Miño e Manzaneda. Produceuse pois, un incremento considerable ao pasar de 17 a 29 alcaldias. Tamén é significativo o aumento de concelleiras e concelleiros, pasando de 595 a 661. Concretamente na Barbanza contamos con 6 representantes máis nos nosos concellos, dous deles en Ribeira, pasando de 15 a 21 concelleiras e concelleiros. Contamos, ademais, coa alcaldía de Boiro.

O compromiso do BNG coa igualdade, que xa se reflectiu na elaboración de listas paritarias, fai que por primeira vez teñamos alcaldesas nacionalistas: Clara Millán (Cangas), Sandra González (Tomiño), Socorro Cea (Melide), Manuela García Freire (Vilasantar) e Teresa Barge Bello (A Bola).

Foron escollidos alcaldesas e alcaldes nacionalistas nos concellos de Boiro, Arzúa, Vilasantar, Monforte, Allariz, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, A Bola, Bueu, Sada, Carballo, Zas, Mugardos, San Sadurniño, Melide, Teo, Tomiño, Salceda de Caselas, Cangas, Moaña, Poio, Pontevedra, Gondomar, O Porriño, Maceda, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto e Pobra de Brollón. Como xa se indicou, e pendentes de recursos, tamén serán previsiblemente para o BNG as Alcaldías de Castrelo de Miño e Manzaneda.

Os meus parabéns a todos os nosos alcaldes e dun xeito moi especial as nosas cinco primeiras alcaldesas, o igual que ás nosas concelleiras e concelleiros.

Máis información…

Nova Correo Galego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *