Poñendo en valor o noso patrimonio náutico

Anxela Bugallo na presentación de NaBeira08NaBeira en Ribeira NaBeira 08

Onte recalou en Ribeira o proxecto Nabeira 2008, que promove a Consellería de Cultura, dirixida pola nacionalista Anxela Bugallo, en colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Esta escala é a sexta desta iniciativa itinerante no seu percorrido pola xeografía galega. Numerosos veciños da localidade achegáronse ata o Malecón para ver de cerca as embarcacións tradicionais que se mostraban así como os demais ingredientes que conformaban a exposición.

A riqueza da cultura marítima e fluvial de Galiza é froito agromado dunha costa sinuosa con máis de 1.200 km, centos de ríos e dunha alta produtividade mariña. Este patrimonio, ligado ao saber facer dos nosos devanceiros, está a ser dinamizado e conservado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e polas 38 asociacións que a conforman, así como por arredor de 3.000 persoas.

A Confraría dá Dorna colaborou no desenvolvemento desta actividade, coa que se pretende pór en valor o patrimonio náutico.

Máis información:

NaBeira 08

Unha exposición sobre patrimonio náutico congregou a numerosas persoas en Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *