Graciñas por un respaldo histórico

Votando Celebrando o resultado na Sede
Celebrando o resultado na SedeCelebrando o resultado na Sede

Dende o BNG de Ribeira queremos agradecerlle a súa confianza ás 3.634 persoas que nos apoiaron e animalos a seguir traballando con nós para facer de Ribeira o concello que todas e todos queremos. Este importante incremento de 619 votos e máis dun 5% respecto das Municipais 03, colócanos no 25,91%, e suporá que o Grupo Municipal do BNG pase de 4 a 6 concelleir@s, converténdonos no único grupo político que incrementa o número de representantes. Este resultado de 3.634 votos é o mellor da historia do BNG de Ribeira e supón un importante respaldo da cidadanía ao labor feito.

Cabe destacar a baixa participación nestas eleccións: tan só o 60,48 %. Isto supón que 9.217 persoas, das 23.377 censadas, non exerceron o seu dereito ao voto. Unha mágoa, xa que seguro que moitas delas non foron a votar por considerar imposíbel o cambio.

Está visto que imposíbel non hai nada, e o PP sofre un forte castigo da cidadanía ao perder 1.164 votos e dous “escanos” en favor do BNG, quedando tan só a 339 votos de perder a maioría absoluta. IPdeR e PSOE manteñen o número de concelleiros/as, polo que o BNG se consolida como a única alternativa a un cambio de goberno. Cabe destacar que a cidadanía votou maioritariamente cambio pois a suma dos votos acadados polos que serán grupos da oposición superou ao PP en casi cen votos por primeira vez en moitos anos.

Estes magnificos resultados obtidos polo BNG tanto en Ribeira como na Comarca da Barbanza indícannos que estamos no bo camiño e dannos folgos para seguir traballando para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. O BNG vai a ter un Grupo Municipal de luxo con seis concelleir@s pero con un gran equipo detras traballando codo con codo para que Ribeira avance en politicas de benestar, en políticas que favorezan a creación de emprego, de vivenda protexida…

Un saúdo. Moito ánimo e adiante!

Evolución do voto nas eleccións municipais 1995-2007:
Evolución do voto BNG nas Municipais Evolución do voto PP nas Municipais

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2007:
Composición Concello Ribeira Municipais 2007

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2003:
Composición Concello Ribeira Municipais 2003

Resultados mesa a mesa:
resultados-municipais07.pdf

Evolución municipais 05-07:
municipais07.pdf

Resultados oficiales:
Ministerio do Interior
Ministerio do Interior. Resultados anteriores

A nosa valoración na prensa:
Diario de Arousa: Brión afirma que a oposición de Ribeira ten máis votos que o PP

Outras valoracións:

Resultados electorais: “A candidata e os membros do BNG non podían ocultar a súa satisfacción polo excelente traballo realizado e por calar a súa mensaxe no electorado. É a formación política que máis crece e que maior número de votos obtén. Os veciños demostran con iso que queren unha oposición real e forte que fiscalice as accións do equipo de goberno.” José Manuel Pena

Información na prensa:
Diario de Arousa: O BNG sube seis escanos en A Barbanza e convertese na primera forza da alternancia
Diario de Arousa: “...O BNG acorta distancias con 6 edis”
O Correo Galego
O Correo Galego
A Voz: O Bloque foi o gran beneficiado e logrou un resultado histórico
A Voz: O BNG fortalecese en Ribeira, Aguiño, Oleiros e Artes.
A Voz: Eleccións Municipais 2007
A Voz de Galicia
A Voz de Galicia

10 reflexións sobre “Graciñas por un respaldo histórico

  1. Juan

    Bravo, bravo!! Pulverizastes as enquisas!! Según a de Sondaxe publicada o domingo día 20 na Voz, seique íades a ter 4 concelleiros/as e o 20% dos votos. Vaia, vaia… calquera se fía dalgunhas enquisas!! Esta en concreto non tiña desperdicio.

    En fin, podedes estar ben felices. Este resultado é un rotundo éxito: 3.634 votos, o 25,77% e seis concelleir@s.

    Non sabe Torres o que lle espera. Seguide traballando coma sempre e preparádevos que dentro de 4 anos gobernades.

    Parabéns e a disfrutalo 😉

    Responder
  2. Jaime

    O domingo estivemos todos esperando eses resultados que non daban chegado, pero chegaron, e de que maneira… notouse o “toque“ que lle destes o sr. Torres, pois levantouse agarrándose as cordas e cando o arbitro xa estaba contando alá polo 9, un pouquichiño mais e… case que o deixas KO, que magoa, non da chegado a fecha do segundo asalto, pa daquela co golpe que leva, votaslle a protección alá po la fila 14.

    O que si vexo e que e moi inteligente, pois sabe decir que están gastados despois de dezaseis anos de governo, ¡bo foi que non dixo que tiñan a experiencia de 20!

    A estas alturas ainda non saben por onde lle viñeron os tiros, por certo, non se nos estará pasando po noso bando? pois o do desgaste pa min que o copiou do comentario da nosa “rectificación” do outro día.

    Eu estiven no mitin de peche de campaña do BNG na Casa do Mar, acompañado por a miña dona, e saimos con unha fartura impresionante, tanto nós coma o resto dos asistentes, que non foron poucos, e a verdade e que destes de todo e ben servido…, de entrada Luís Teira xa non da un bon aperitivo, logo Ana Alvarez encargouse de nos poñer os entremeses, que foron moitos e variados, o primeiro plato tocoulle dalo a José Luís Groveiro e hasta o trouxo nun fórmula 1, e un segundo con guarnición servido nada mais e nada menos que por Ana Rúa…, e do postre…? de servir ese plato encargásteste ti, a mesmiña Dominga Brión, decir que quedounos un sabor que creo non se nos vai a ir nunca; o peor foi cando marchamos, pois o sair acordámonos de outra xentiña, que esa noite so comeron un güesiño con algo churrasco…, e seguro que nin camareiros tiveron.

    Teslle que enseñar a esa xente donde se “come“ ben e con fartura e mais donde están os mellores “camareiros“ pa servir tan boa “ comida ”, pois de seguro que pa entonces virán todos para “xantar” aquí.

    Moitísimas felicidades por éste día HISTORICO que de seguro marcarás no calendario.

    Decía Jose Luís Groveiro, que ivas coma Fernando Alonso, e eu dígoche: ¡que sorte ten Fernando de que non seas Pilota!

    Responder
  3. Domingo Casáis

    Parabéns a todos, cada vez somos maís, e isto non para.
    Estes resultados veñen-nos a decir que se fixo un bo traballo e o demostramos no día de onte, o mellor ainda esta por vir.
    Tiveron que poñerlle a papeleta na man a moita xente para que votaran por eles, (sonche cousas do PP) ainda así... po-los pelos.

    Forza BNG

    saúdos

    Responder
  4. maria

    Boas, parabéns porque aínda aque non conseguimos quitar a Torressaurio o camiño xa está comezado e cuns resultados excelentes, confíamos no BNG e confíamos en vós, saúdos

    Responder
  5. Domi

    Juan, Jaime, Domingo e María:

    Graciñas por estar aí, polo voso apoio e polas vosas palabras. A vosa confianza e a de moitas persoas fixeron posible que o BNG saíra moi reforzado e polo tanto con moitas gañas de seguir traballando.

    Alegrame moito, Jaime, que saírades con bo sabor de boca. A nós tamén nos quedou porque non é facil encher a casa do mar e, se ademais de logralo, a xente está a gusto e sae contenta pois moitísimo mellor.

    Agora toca traballar e seguir sumando apoios. Pero con vos aí e con tanto derroche de imaxinación, Jaime, será moi doado.

    Apertas

    Responder
  6. Oliver

    Eu ben pensara que desta gobernaba o BNG. Eu creía que o cambio era posible. Por que quedaron na casa tantos? Que pasa ca xente moza? Está claro que o BNG ainda ten que facer axustes, espero que acertedes na nova estratexía para os próximos catro anos porque sodes a única posibilidade de que Ribeira despegue. Ánimo

    Dominga, vas seguir utilizando este blog? ou só era cousa da campaña?

    Responder
  7. Domi

    Ola Oliver, a verdade é que lle faltou pouco, moi pouco. Foi unha mágoa que a xente se quedara na casa. De todas maneiras subir dous concelleiros/as de golpe é un gran logro e vai a permitirnos facer máis e mellor traballo.

    Con respecto ao blog, a verdade é que ainda que se fixo para a campaña, a intención é continuar con el sempre e cando se manteña o importante número de visitas que agora ten. Temos intención tamén de abrir un espacio web para o BNG de Ribeira no que daremos conta do traballo do BNG e do Grupo Municipal.

    Saúdos

    Responder
  8. chus

    Estas 9.217 persoas non deberíaa permitir que os demáis elexiran por eles quen vai a gobernar súa localidade. Eso non é bo. As eleccións están para que os cidáns expresen a súa opinión e elixan o partido que crean que máis lles conven. De todas formas, noraboa polos resultados nas votacións e confío que nas próximas eleccións o Bloque Nacionalista Galego saia escollido coa maioría dos votos 😉 Saúdos!

    Responder
  9. Jaime

    Ola Domi,

    Con respecto o comentario da continuación do blog eu opino que facedes moi ben en deixalo aberto, como ti ben dis, se a xente participa da mesma maneira que ata agora.

    Eu púxenme a remexer por aquí e mira que saleu:

    Andrés, Breixo, Carmen Sobrido, Chus, Dalles caña, Domi, Domingo Casais, Elvira, Fátima, Iago, Jaime, José, Juán, Juán Carlos, Lucía Reiriz, Luís, Manuel, María, Marinela, Maruxa, Nacho, Oliver, Pascual, Pedro, Pepe, Pepiño, Ramón, Un que foi, Veciño de Ribeira, Viva Ribeira, Xoana Cabo, Xosé… e algún que o mellor se me foi.

    Fíjate canta xente está aquí, a “falar”, e logo imaxínate a que pode estar visitando o blog, a coller información e sen “falar”, eu creo que pa ter tan pouco tempo e impresionante a participación que ten, e se non me engaño ainda terá máis.

    Aquí aprendemos todos algo e informádesnos moito, incluso eu aprendín a poñer ola sin hache.

    Falando en términos políticos, levas maioría total e absoluta, pois non tes máis que mirar, tanto a información coma os comentarios (en cantidade e contido) dunha páxina política de Ribeira.

    A todo esto… seguramente non se poderá o non ter o planeamento feito, pero xa se sabe o lugar aproximado en donde se construirá o polígono??

    Se pa manter o blog aberto temos que facer visitas e “ falar” ten por seguro que algúns quedaremos afónicos. (moitas gracias po-las tuas respostas)

    Saudos.

    Responder
  10. Domi

    Ola Jaime,

    A verdade é que non nos podemos queixar. O blog tivo un importante número de visitas e moita participación. Hai xente que pasa por aquí e se para un pouquiño a “falar”, como dis ti, outra que nos manda un correo e outra que tamén nos visita en “silencio”. Pero a todos e a todas lle temos que agradecer que estean aí da maneira que prefiran porque os seus ánimos, as súas preguntas, as súas suxestións ou simplemente a súa presenza nos fai moito máis grato o noso traballo. Polo tanto, mentres esteades aí, aquí seguiremos.

    Con respecto ao Polígono da Barbanza, para a súa localización analizouse unha superficie de 6 millóns de metros seguindo criterios ambientais, paisaxísticos e de afeccións ao medio. A situación máis favorábel atopouse entre Ribeira (Pedras Vermellas) e Pobra, a carón da futura autovía e con accesos á mesma dende a saída de Pobra e a de Palmeira en Ribeira.

    Na anotación “Polígono da Barbanza” puxen dúas imaxes que, aínda que non son moi boas, dan idea da súa ubicación e da proposta de ordenación para o polígono. Para que te deas conta, na parte inferior da imaxe está a vía rápida, a esquerda está o Concello de Ribeira e a dereita o de Pobra. Verías tamén que se acaba de licitar a redacción do Proxecto Sectorial e de Urbanización e que se calcula que as obras de urbanización poidan comezar no primeiro semestre de 2008.

    Jaime, non sei se respostei ben a túa pregunta; en todo caso, toda a información que vaimos tendo relativa ao polígono poreina aquí.

    Saúdos

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *