7 reflexións sobre “Entrevista na Voz de Galicia

  1. Jaime

    ———Ribeira ten que conseguir dúas cousas, que a xente teña dereito a unha vivenda e poida acceder a un emprego digno. Non é de recibo que o auxe da construción signifique botar fóra á nosa xente.———

    Ainda que necesitamos outras moitas, estas duas son bases moi necesarias para que poidamos tirar con forza.

    Se me equivoco en algunha parte do que bou comentar, pido disculpas.

    Comenzaron unhas obras (chalets) para xente sen recursos en Xaras, e resulta que a Constructora non lle chegaron os cartos (na 1ª partida do presuposto seguro que engordou ben, pois senon non abandonaría) e deixounas sen rematar, abandonou pero cobrou o que xa tiña feito.

    A mesma empresa ahora esta a facer outra obra nas Avesadas, concedida po lo Concello, ¿Chegaranlle os cartos desta vez ou tamen pode abandonar??

    Responder
  2. Domi

    Ola Jaime:

    Tes razón, necesitamos moitas máis cousas aínda que esas son prioritarias. Con emprego e vivenda dignos, todo o demais sería moi doado. A emigración é unha sangría coa que hai que tentar rematar.

    Teríamos que engadir:

    Instalacións públicas ben acondicionadas: escolas, instalacións deportivas, casas de cultura, casa da mocidade, unha nova galescola ou pequenas galescolas nalgunhas parroquias, locais de ensaio, centro de día, centros de saúde, Hospital da Barbanza, aparcamentos, zonas verdes, mercado municipal, ...

    Servizos de calidade: sanidade, ensino, políticas de igualdade e benestar, cultura, ocio, transporte público,...

    Con respecto ás vivendas sociais de Xarás, os incumprimentos reiterados por parte da empresa constructora e o abandono das obras, levaron a Consellería a iniciar o trámite para rescindir o contrato. Lembro que esas vivendas se iniciaran a toda presa nas Autonómicas do 2005 para que viñera Núñez Feijoo a poñer a primeira pedra (a saber de que maneira se fixo).

    A pesar dese incumprimento que supón que un importante número de persoas de Ribeira tarden bastante máis en ter a súa vivenda, o Goberno Municipal do PP permite que esa empresa siga facendo moitas obras para o Concello de Ribeira… Interesante, non? Cada que saque as súas propias conclusións… 😉

    Responder
  3. José

    Moito ánimo. Tendes ao PP moi nervioso. Sinal que o estades facendo moi ben. Onte vin moita xente no mitin de Palmeira pero dixéronme que era unha constante que o día antes en Aguiño abarrotastes o Tamba.

    Albíscase un cambio. Reservade forzas para o goberno.

    Animo que desta vai.
    Un saúdo

    Responder
  4. Maruxa

    A enquisa da Voz nin caso: “A nacionalista Dominga Brión despunta entre as forzas de oposición”, pero o BNG quita os mesmos concelleiros/as que ten! Están de coña???
    Moito ánimo que o estades facendo moi ben e iso o PP non o soporta. Torres está acabado. Para colmo non ten equipo. Donde se veu que teña que ir o número 14 a un debate??? Quen vai a gobernar Ribeira os vindeiros 4 anos?? Vai a vir o número 14, que se foi nas festas de agosto danto un portazo???
    Tendes a mellor candidata e o mellor equipo e iso a xente sábeo!
    Ides a arrasar! Moito ánimo e adiante!

    Responder
  5. Jaime

    TRANQUILOS, xa rectifico o que estaba mal da escuesta…..

    ULTIMO mandato de Torres

    El Partido Popular acusa un GRAN desgaste, Torres Colomer tendría SERIOS problemas para revalidar su quinto mandato con una mayoría absoluta holgada. La nacionalista Dominga Brión despunta entre las fuerzas de la oposición COMO FAVORITA, seguida de cerca por la independiente Rosa García, escindida de un PSOE que logra dos ediles.

    Responder
  6. Viva Ribeira

    cualquiera que piense en Ribeira está, como yo, escaldado de la poca verguenza que demuestran los que recibieron nuestro voto hace cuatro años …y antes. Lo siento, mi ideología me impide votaros aunque recoñozco que sois los que más estais haciendo por esta ciudad. Pero mi moral tambien me impide darle el voto a Luciano, Virucha, y al Sr Ruíz que, después de convertir sus leiras en edificios, se va por que “no tiene tiempo” y ahora vuelve como si nada hubiera pasado. El Sr Torres Colomer está aquejado de una incipiente senectud y alguien debiera haberle dicha que se retirase con la cabeza alta en vez de hacerlo como Fraga: con una derrota que, a mi entender, merece. Viva Ribeira!

    Responder
  7. Domi

    Graciñas polo voso apoio. Adiantovos que dispomos de datos según os cales a estas alturas o Partido Popular de Torres Colomer ten perdida a maioría.

    Pero, coma sempre, a mellor enquisa é a do 27 de maio. A cidadanía co seu voto é a que vai a facer posible o cambio. A túa “rectificación”, Jaime, é, polo tanto, moi acertada ;-).

    Hai un dato preocupante: nas anteriores eleccións municipais preto de 8.000 persoas non exerceron o seu dereito ao voto. Estas persoas están perpetuando, aínda sen querelo e seguramente sen sabelo, o goberno que temos.

    Eu quero facer un chamamento a todas esas persoas que, aínda que noutras ocasións non nos deron o seu apoio, consideran que neste momento Ribeira necesita un cambio. Quero manifestarlles que o Goberno do BNG vai a ser un goberno para toda a cidadanía. Un goberno que vai a ter no traballo feito o mellor dos avais e na participación da xente a súa mellor garantía para facer entre todos e todas a Ribeira do futuro que necesitamos.

    O BNG ten o mellor e máis completo programa de goberno para os vindeiros 4 anos; e ten, sen ningunha dúbida, o mellor equipo para levalo a cabo; e cando falo do mellor equipo non me estou a referir só as persoas que conforman a nosa candidatura, que certamente é un equipo de xente preparada, integrada no tecido asociativo do noso concello, coñecedora, polo tanto, da súa problemática e acostumada a atopar solucións ao problemas que sempre hai; estoume a referir tamén ao conxunto da cidadanía de Ribeira: esa é a mellor parte do noso equipo.

    Moito ánimo, que entre todos e todas vamos a lograr para Ribeira o cambio necesario. Viva Ribeira!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *