Encontro co comercio de proximidade

Coa  Directora Xeral de Comercio Encontro co comercio de proximidade

Onte tocoulle o turno ao comercio de proximidade. Acompañados pola Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, reunímonos nos locais da Asociación de Empresarios con un concorrido número de comerciantes. Con esta é a terceira vez que a Directora Xeral se reúne co sector en Ribeira. Estivo tamén ao pouco de tomar posesión e despois das riadas que se produciron no noso concello, o 18 de novembro, para informarlle das axudas que se puxeron en marcha dende a Consellería de Innovación e Industria para contribuír paliar os danos. Isto demostra claramente o compromiso do BNG co comercio de proximidade que representa o 11% do PIB galego e que da traballo a 14.900 persoas ao que dende a Consellería de Innovación e Industria, que dirixe o nacionalista Fernando Blanco, se destinaron 25 millóns de € en axudas. Tamén se pon de manifesto a nosa vontade de achegar a administración á cidadanía.

Na xuntanza, que se prolongou por algo máis de dúas horas, a Directora Xeral expúxolles os contidos máis importantes da Lei galega de horarios comerciais, aprobada recentemente por unanimidade no Parlamento Galego. Nesta lei regúlanse, ademais dos horarios, outras cuestións como ás rebaixas. Tamén adiantou algúns apartados que se recollen no Anteproxecto de Lei de Ordenación do Comercio, pendente de aprobación, no que se establecerá o mapa no que se poidan implantar grandes superficies. Destacou, así mesmo, a elaboración dun plano de renovación e mellora do comercio galego para a consecución dun selo distintivo do comercio galego, así como, importantes axudas ao urbanismo comercial para favorecer as melloras dos contornos comerciais.

As/Os asistentes participaron nun coloquio no que expuxeron as súas inquedanzas especialmente no tocante a regulación das rebaixas e as grandes superficies, así como suxestións diversas.

Pola nosa banda, manifestámoslle o noso apoio ao pequeno comercio e o noso compromiso coa posta en marcha dende o goberno de Ribeira, en coordinación coa Dirección Xeral de Comercio, de políticas que lle de nun pulo ao sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *