Visita ao Hospital da Barbanza

Visita ao Hopital da Barbanza

O venres, 27 de abril, achegámonos ao Hospital da Barbanza para reunirnos con representantes do Comité de Empresa. Acompañounos Carlos Aymerich, voceiro do Grupo Parlamentar do BNG.

Teño que destacar aquí o importante traballo feito polo BNG na demanda de melloras para ese hospital: reunímonos en varias ocasións co Comité de Empresa, presentamos iniciativas nos concellos da Barbanza e no Parlamento Galego e fixemos un importante traballo social de recollida de apoios en forma de postal en toda a comarca. Aínda queda moito por facer, pero que se vaian dando pasos para a súa integración no SERGAS é un avance moi importante porque ademais de melloras laborais para o persoal, traerá consigo melloras asistenciais para toda a cidadanía.

Con todo é necesario un esforzo por parte da Consellería para axilizar prazos na realización de determinadas obras de infraestructura, como a colocación do aire acondicionado e a construción do heliporto que debería estar xa feito dende o 2006. Esta é unha demora aínda máis preocupante neste momento, si cabe, pois co peche da vía rápida, o traslado de pacientes graves ten que facerse pola estrada comarcal.

O Comité de Empresa considera prioritario neste momento o incremento do número de camas. Tamén é necesaria unha UCI ou sala de reanimación ben dotada.

Nova na Voz

3 Comments on “Visita ao Hospital da Barbanza”

  1. Este hospital é moi necesario para esta comarca pero é preciso buscar unha solución para reducir as listas de espera. A demora na construción do heliporto si que é un grave problema para toda a cidadanía. En certo modo estamos vendidos ante un problema grave e coa vía rápida cortada aínda máis.

  2. Levo un ano esperando a ser atendida en xinecoloxía. En outras especialidades pasa outro tanto. Non hai dereito. Teñen que poñer mais especialistas. Non se nos pode tratar como se fósemos ciudadanos de segunda.

  3. bueno e que me decides dos celadores,amigos do BNG? Neste hospital esta tarefa esta sendo feita a disgusto polas auxliares de enfermería y como vedes esto non é o que se lle chama igualdade, xa que isto e un agravio con respeto as aux de enfermería de hospitais coma o clinico de santiago, ali si teñen celadores, cada un fai o que lle corresponde, aqui no barbanza as auxiliares fan de todo, de aux de limpadoras, de celadores…xa basta, non deberíades mirar para outro lado como fan os demais, deberiades defender os traballadores da comarca e do hospital, que estan sufrindo este tema, ademasi da repercusión nos pacientes e na calidade asistencial que non e a mesma q no resto dos hospitais do sergas
    grazas por participar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *