É necesario un cambio

O vindeiro mes de maio celebraranse eleccións municipais; temos polo tanto o dereito, máis tamén a responsabilidade de escoller aos gobernantes do noso pobo. A decisión que tomemos vai a ser vital. Podemos apostar pola continuidade ou polo cambio de rumbo na política local.

Persoalmente considero que é o momento dun cambio que nós estamos en condicións de liderar. O traballo feito e o noso mellor aval, pero tamén o equipo extraordinario que me acompaña neste reto así como un programa solvente e de futuro co que abordaremos os principais problemas estructurais de Ribeira. Ademais o noso exercicio da labor política estará presidido pola honestidade, a humildade, a participación da cidadanía, fundamental para nós na acción de goberno, pero tamén pola firmeza na toma de decisións o respecto institucional tanto ao resto dos grupos municipais como ás distintas institucións.

Ese é o meu compromiso para que a Ribeira centenaria sexa vangarda de modernidade, de desenvolvemento, de participación cidadá, de calidade de vida e do benestar que a cidadanía se merece.

3 Comments on “É necesario un cambio”

  1. Concordo contigo que é tempo de mudar, de que entre aire novo na Casa grande igual que entrou hai dous anos na Xunta. Confiamos en ti e máis teu novo equipo para que lideredes a Ribeira nova que estamos esperando.

  2. Agradezo moito a túa confianza. Estou segura de que non che defraudaremos, sobre todo porque de seguro contaremos con persoas coma tí para levar a cabo a nosa acción de goberno. O Regulamento de Participación Cidadá será unhas das nosas primeiras actuacións para ir avanzando na participación da cidadanía na vida municipal.

  3. Estou convencida de que, desta volta, o cambio en favor do BNG se producirá en Ribeira. Cómpre deixar atrás formas de facer “política” caducas e rancias. Dar un paso adiante, apostar por un nacionalismo innovador, ponderado e con entusiasmo é o que precisamos “como auga de maio” no noso país. Que a candidata a Alcaldesa sexa unha persoa coas cualidades persoais e políticas de Domi Brión é toda unha garantía para o necesario impulso de Ribeira. Moito ánimo, ALCALDESA!. Moit@s estaremos contigo para o que precisares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *