A miña presentación

Entrando na Casa do Mar

Quero agradecer dende aquí a súa presenza ás máis de 300 persoas que asistiron á presentación da miña candidatura na Casa do Mar de Ribeira o pasado 8 de febreiro. Xente de todos os sectores e de todas as idades, así como representantes de asociacións diversas quixeron arrouparme neste día.

Do mesmo xeito, tamén quero manifestar toda a miña gratitude aos representantes do BNG en distintas institucións que asistiron. Entre outros: o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; as conselleiras de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e a de Cultura, Anxela Bugallo; o vicepresidente da Deputación, Xaime Bello; a secretaria xeral de Igualdade, Carmén Adán; a directora xeral de Comercio, Ana Rúa; o director xeral de Xuventude, Rubén Cela; o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o director xeral de Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca; a deputada e membro da Executiva Nacional do BNG, Ana Pontón; o deputado Bieito Lobeira; a delegada provincial de Vicepresidencia, Tereixa Novo; o delegado provincial de Innovación e Industria, Xosé Luís Barcia; o delegado provincial de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Báscuas; as membros da Executiva Nacional, Rosario Fernández Velho e Rosana Pérez; o xefe de gabinete de Medio Rural, Xosé Manuel Puga; a xefa de gabinete de Vivenda e Solo, María Malvido; o alcalde de Boiro, Xosé Deira; compañeiros e campañeiras do BNG da Barbanza.

A vosa presenza nesta acto demostra o compromiso que temos con Ribeira. O Polígono Industrial da Barbanza ou o Centro de Día para a terceira idade son mostras de que o cambio, en Ribeira, xa é unha realidade. Só falta completalo cun novo goberno a partir de Maio.

Arroutada Noticas:
Quintana afirma na presentación de Dominga Brión que “hai posibilidade dun cambio en Ribeira, e ese cambio vai ser liderado polo BNG

Intervención Anxo Quintana

Altos cargos e numeroso público abarrotaron a Casa do Mar

Intervención Domi

Bugallo, Taboas e Quintana
Altos cargos e numeroso público abarrotaron a Casa do Mar

Cela, Lois e Álvarez
Final da presentación
Brión, Táboas e Bugallo
Conversando

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *